Ola, somos RURALtXA!

Estamos comprometidos co mundo rural e coa conservación da biodiversidade

RURALtXA! impulsa a bioeconomía rural revalorizando a gandería extensiva de montaña vinculada á conservación da biodiversidade

A nosa misión

Axudar a impulsar a bioeconomía do mundo rural

A nosa estratexia

Revalorizar os usos tradicionais do monte e a gandería extensiva de montaña.

O noso compromiso

Conservar a biodiversidade.

1

Hábitats como algúns pastos de montaña e queirogais dependen da gandería extensiva para o seu mantemento e conservación.

2

O abandono do medio rural e das actividades tradicionais ameazan a supervivencia destes valiosos ecosistemas de montaña.

3

Actividades tradicionais como a gandería extensiva contribúen ao mantemento de hábitats e por iso merecen un recoñecemento ante a sociedade.

4

As paisaxes culturais creadas pola convivencia destes hábitats coa gandería posúen un gran potencial para desenvolver actividades complementarias como o ecoturismo. Isto axudaría a diversificar actividades e ingresos en zonas rurais que sofren o reto demográfico polo envellecemento da poboación e o abandono.

Bioeconomía⇄Biodiversidade⇄Bioeconomía⇄Biodiversidade⇄

RURALtXA! desenvólvese entre setembro de 2022 e decembro de 2025.

RURALtXA! creará un Sistema Integrado de Impulso á Bioeconomía para persoas gandeiras comprometidas cun manexo sostible e orientado á conservación dos hábitats. A revalorización destas actividades e os seus produtos logrará mellorar a viabilidade das explotacións e a calidade de vida dos actores rurais, como motor de desenvolvemento sostible en áreas que se enfrontan ao reto demográfico do despoboamento.

Un proxecto de bioeconomía construído sobre o coñecemento científico acerca do vínculo entre actividades tradicionais, conservación de hábitats e servizos ecosistémicos dos Sistemas Agrarios de Alto Valor Natural.

A exposición de RURALtXA! chega ao corazón da Reserva da Biosfera Terras do Miño (Lugo)

19.07.2024

Colares GPS para o seguimento e manexo dos cabalos salvaxes do Xistral

15.07.2024

Xornada de posta en marcha da Rede de Traballo de RURALtXA! en Galicia

12.07.2024