02.06.2025
Que é Saberes do Monte?
Saberes do Monte é unha marca que nace para poñer en valor os produtos procedentes de áreas de montaña galegas que axudan á conservación dos hábitats e ao desenvolvemento das comunidades rurais.
A marca xorde a partir do traballo desenvolvido polas Universidades de Santiago de Compostela e A Coruña no marco do proxecto RURALtXA!, como unha ferramenta estratéxica para achegar cohesión e reforzar a identidade común das áreas involucradas: Serra do Xistral, Monte Maior, A Faladoira e A Groba. Axuda a posicionar os diferentes produtos e servizos no mercado, facilitando o seu recoñecemento e valoración.
A súa misión
A marca busca promover actividades tradicionais que teñen un papel crave na conservación de certos hábitats naturais, como son as turbeiras e os queirogais húmidos de Galicia, de gran interese para a Unión Europea. Estas actividades son a gandería extensiva, o sistema de manexo tradicional dos cabalos salvaxes, a apicultura e o ecoturismo, O obxectivo da marca é facilitar ao mercado a identificación dos produtos e servizos procedentes destas áreas e destas actividades tradicionais e difundir a súa importancia para impulsar a bioeconomía rural.
A súa visión
Ser un referente na promoción de prácticas sostibles que integren a conservación da biodiversidade co desenvolvemento socioeconómico local, apoiando ás cmunidades rurais e fomentando o ecoturismo en Galicia é máis alá.
Os seus valores
Os valores que reflicten os produtos e servizos que levan este distintivo son:
Os verdadeiros protagonistas
En todo este proceso, os verdadeiros protagonistas son as persoas produtoras (gandeiras, apicultoras etc.) que, grazas ao seu traballo diario e á posta en práctica dos coñecementos tradicionais adquiridos a través dos seus antepasados, axudan a conservar hábitats tan singulares que nos achegan á sociedade multitude de servizos ecosistémicos. Por iso, se queres coñecer quen son, está atento ao apartado de bioeconomía da nosa web onde iremos subindo a súa información (https://ruraltxa.com/bioeconomia/).
Saberes do Monte: sabor biodiversidade e tradición.
👉 Link ao apartado de Bioeconomía