A exposición de RURALtXA! chega ao corazón da Reserva da Biosfera Terras do Miño (Lugo)

19.07.2024

Tras percorrer durante estas últimas semanas concellos da contorna da Serra da Groba, concretamente o Concello de Oia e o Concello do Rosal, a exposición itinerante do Proxecto RURALtXA! chega ao corazón da Reserva da Biosfera Terras do Miño, na provincia de Lugo. 

Durante todo o verán poderase visitar na sala de exposicións da Casa das Insuas, edificio propiedade do Concello de Rábade situado nun lugar privilexiado ao carón do río Miño. A Casa das Insuas é a sede da Asociación Galega de Custodia do Territorio, entidade que colabora tamén co proxecto RURALtXA!  

A sala de exposicións estará aberta para o público xeral tódolos mércores deste verán en horario de 17 a 20h. Ademáis, tamén será obxecto de visita nas diferentes actividades que se organicen neste espazo. 

A exposición consta de 34 fotografías acompañadas dun texto interpretativo, que repasan as paisaxes, a biodiversidade de fauna e flora, os valores culturais asociados á gandería extensiva, a apicultura ou o sistema tradicional de cabalos salvaxes e o traballo desenvolvido en RURALtXA!. Todas as fotografías están tomadas nas áreas de estudo, polo equipo do proxecto e por algún comuneiro. 

As entidades relacionadas coa temática ambiental que lles interese acoller a exposición de RURALtXA! nas súas instalacións poderán solicitalo poñéndose en contacto a través de web.