A UNIVERSIDADE AUTÓNOMA DE BARCELONA COLABORA CON RURALtXA!

05.03.2024

HAZI contratou o equipo de Jordi Bartolomé Filella, doutor en Bioloxía do Departamento de Ciencia Animal e dos Alimentos da Universidad Autónoma de Barcelona, para realizar o seguimento da restauración, con pastoreo de cabras, dos queirogais acidófilos de Gorbeia.

Este equipo, especialista en interaccións entre plantas e herbívoros, será o encargado de avaliar o efecto do pastoreo dirixido sobre ese hábitat, analizando canta biomasa, e de qué especies de matogueira, é inxerida polo gando caprino. A mostraxe de campo levarase a cabo nunha parcela do monte comunal de Zigotia, en Oketa (Gorbeia).