Bioeconomía

En RURALtXA! traballamos en rede para desenvolver xuntos unha bioeconomía rural que axude ao mesmo tempo a conservar os hábitats onde se desenvolve.As persoas integrantes da Rede de Traballo cooperan e comparten experiencias para lograr impulsar as súas actividades gandeiras baseadas na conservación de hábitats, mellorando os seus produtos, a súa valorización e as vías de comercialización.

Quen forma parte da Rede?

A Rede de Traballo está formada polos/as produtores/as que se comprometeron cun manexo sostible baseado no bo estado de conservación dos hábitats, propietarios dos terreos, xestores, centros de asesoramento agrario e outras entidades con funcionalidade no ámbito rural que contribúen a impulsar o proxecto.

Benefíciate da Rede

Para os integrantes da Rede desenvolveranse ferramentas:

  1. para proporcionar o valor engadido e/ou mellorar a valorización dos produtos (campañas de márketing, selo distintivo, promoción en feiras…).
  2. para a comercialización e distribución (creación de rede de establecementos para venda km 0).
  3. para a formación e asesoramento (cursos de mellora da competitividade, modelos de negocio, comercialización… e un servizo de asesoramento técnico).
  4. para a diversificación e o ecoturismo (actividades de ecoturismo asociadas á gandería extensiva e os cabalos salvaxes, contactos con empresas de turismo…).

Quero unirme á Rede

Se es gandeiro/a, apicultor/a ou desenvolves outro tipo de actividade ligado ao medio rural nalgunha das áreas piloto de RURALtXA! (ligazón a ese apartado), consúltanos as condicións para entrar a formar parte da rede de traballo.

    Produtores unidos

    En breve poderedes coñecer as experiencias dos produtores que participan na Rede