Descobre a importancia das turbeiras con este sinxelo experimento

09.05.2025

Para explicar dunha forma experimental o importante papel das turbeiras nas nosas visitas aos colexios da contorna das áreas piloto de Galicia, preparamos este sinxelo e visual experimento que agardamos que axude aos nosos máis pequeños (e non tan cativos) a lembrar por que é tan necesario conservar estes hábitats, de interese prioritario para a Unión Europea. 

No vídeo, o noso compañeiro César A. Blanco, da Universidade de Santiago de Compostela exponnos dende unha magnífica turbeira alta da Serra do Xistral, tres diferentes escenarios de cobertura vexetal que nos podemos atopar nos nosos montes e comproba que efecto teñen as precipitacións sobre o chan e as nosas augas.  

Que crees que ocorrerá? Se tes curiosidade sobre o resultado, non dubides en pasar pola nosa web ou a nosa canle de youtube. Vas quedar abraiad@! 

📑 Publicacións

▶️ Ver vídeo en Youtube