04.10.2024
Durante as próximas semanas, a exposición itinerante de RURALtXA! estará no comedor da pensión-restaurante Casa Goas en Abadín, un dos Concellos lucenses ao que pertencen varias Comunidades de Montes Veciñais en man común que participan activamente no proxecto.
A exposición chega desta forma á Serra do Xistral, unha das catro áreas piloto presentes en Galicia nas que RURALtXA! traballa da man con produtores e propietarios locais para poñer en valor os produtos que xeran por medio de actividades tradicionais vinculadas a hábitats tan singulares como son os de turbeiras e queirogais.
A través de 34 fotografías acompañadas dun texto interpretativo, poderás coñecer o traballo desenvolvido en RURALtXA!, descubrindo por que son tan importantes as turbeiras e os queirogais. Poderás gozar con imaxes dos seus principais valores naturais e valores culturais asociados á gandería extensiva, a apicultura ou o sistema tradicional de cabalos salvaxes, actividades tradicionais clave na súa conservación.
Non podes deixar escapar esta oportunidade!