RURALTxA! na feira Berdeago en Durango

03.04.2024

O pasado 24 de marzo HAZI presentou o proxecto RURALtXA! na feira Berdeago Azoka de Durango, onde participou dentro do espazo “Zirkulo Berdea” organizado pola red Sare Berdeak.  

O obxectivo deste encontro foi compartir os proxectos que están levando a cado neste ámbito os membros da rede, construír sinerxias e detectar novas oportunidades de colaboración que permitan fortalecer a rede e multiplicar o impacto das diferentes accións.  

Hazi participou neste encontro presentando RURALtXA! ós membros da rede e á cidadanía que se achegou ó espazo Zirkulo Berdea, co obxectivo de dar a coñecer o proxecto e difundir os beneficios do mantemento das actividades gandeiras nos pastos de montaña.  

Sare Berdeak é un proxecto multiaxente que se desenrola no Territorio Histórico de Bizkaia, o cal busca texer redes entre entidades, empresas e cidadanía que queira pasar á acción e involucrar ó seu entorno en cambios cara a sostibilidade.