RURALtXA! na feira BIOCULTURA en A Coruña

06.03.2024

RURALtXA! en la feria BIOCULTURA en A Coruña

As Universidades da Coruña e de Santiago de Compostela estiveron presentes na feira Biocultura, presentando o proxecto RURALtXA! no stand da Deputación de Lugo, o 2 de marzo.

Este evento é unha das citas máis importantes en canto a produtos ecolóxicos e ecoturismo e reuniu a máis de 150 expositores e un nutrido público en A Coruña entre os días 1 e 3 de marzo.

RURALtXA! participou co obxectivo de dar a coñecer o proxecto e os valores dos hábitats de queirogais e turbeiras cos que traballa en Galicia, así como para difundir os beneficios que as actividades agrogandeiras e do sistema tradicional de cabalos salvaxes no monte supoñen para estes hábitats.

Pola tarde Jaime Fagúndez, coordinador do proxecto e profesor da UDC, presentou o proxecto RURALtXA! aos asistentes. Podes escoitar a charla completa na canle de youtube do CICA.

No stand repartíronse os folletos do proxecto e merchandising e tamén se informou ás persoas que se achegaban interesadas. Ademais mostrouse a exposición do proxecto LIFE in Common Land que se desenvolveu na Serra do Xistral ata decembro de 2022 e foi o xerme de RURALtXA! Estímase que se informaron no posto e por medio da charla a unhas 100 persoas.