Fin de semana gastronómico e roteiro do saber. Saberes do Monte

19.05.2025

Os días 7 e 8 de xuño celebramos esta experiencia piloto de “Saberes do Monte”, unha marca creada ao abeiro do proxecto RURALtXA!, centrada na conservación da biodiversidade a través da bioeconomía.

Gastronomía E ecoturismo

Durante a fin de semana, numerosos restaurantes dos concellos de Abadín, Barreiros, O Valadouro, Foz e Mondoñedo, incluirán nas súas cartas tapas e pratos elaborados con carne de tenreira, poldro e mel, producidos na Serra do Xistral baixo a marca “Saberes do Monte”. En concreto participan os seguintes restaurantes:

  • Restaurante Asturias (O Valadouro)
  • Casa Goás (Abadín)
  • Hotel Rías Altas (Barreiros)
  • Restaurante Hotel Oca (Foz)
  • A Taberna de Galiana (Mondoñedo)

O evento dará inicio o sábado 7 de xuño ás 11:30 no restaurante Asturias, en Ferreira do Valadouro, onde se presentará a marca e se levará a cabo un showcooking inspirado nos sabores do monte ao cargo do chef Juan Rubiños do Restaurante Il Farabutto (Lugo), en colaboración coa Asociación Cociñeiros de Lugo.

A experiencia completarase o domingo de 10 a 14 h coa ruta guiada pola Serra do Xistral “Roteiro do Saber”, unha experiencia de ecoturismo que permitirá coñecer, de primeira man, coa colaboración de guías locais, como os produtores locais contribúen á conservación dos ecosistemas como as turbeiras e os queirogais grazas aos seus métodos tradicionais de manexo e produción, así como a observación de cabalos salvaxes no seu hábitat.

Link ao programa da experiencia piloto.

O “Roteiro do Saber” require inscrición e facilitarase un autobús con saídas dende Abadín e O Valadouro.

🧾Link ao formulario de inscrición. 

Saberes do Monte

Saberes do Monte é unha marca colectiva que nace para poñer en valor os produtos procedentes de áreas de montaña galegas que axudan á conservación dos hábitats e ao desenvolvemento das comunidades rurais.