18.02.2025
Durante os últimos meses voáronse con RPAS (drons) 415 ha nas áreas piloto de RURALtXA! correspondentes a todas aquelas zonas onde xa se executaron ou está previsto executar actuacións de conservación financiadas polo proxecto.
O obxectivo desta segunda campaña de voos executada pola empresa 3edata é o de obter imaxes multiespectrales cunha elevada resolución e datos LIDAR que nos permitan levar a cabo análises que teñan en conta características da vexetación que non sexan apreciables polo ollo humano.
Desta forma, podemos facer un seguimento das actuacións expostas no marco do proxecto para restaurar queirogais e turbeiras, comprobando a súa efectividade e facilitando a aprendizaxe para accións similares que se leven a cabo no futuro. Ademais, os datos obtidos serven tamén para planificar con máis precisión as actuacións que aínda están por executar durante este ano 2025.
Durante os próximos meses os técnicos do proxecto traballarán coas imaxes obtidas comparándoas coas imaxes da primeira campaña. Estas análises serán mellorados tras o verán cando se obteñan os datos da terceira e última campaña de voos.