09.06.2025
O CISPAC acolleu na tarde do luns, 12 de maio, a segunda das catro xornadas formativas de RURALtXA! Galicia.
O centro de investigación foi o escenario deste curso formativo, o cal forma parte do Sistema Integrado de Ferramentas para o impulso da bioeconomía. A formación estivo dirixida ás persoas xestoras das comunidades de monte, que teñan cabalos ou desexen telos, tanto pertencentes ás Comunidades de Montes que forman parte do proxecto, como ás que non.
O evento contou coa participación de Laura Lagos Abarzuza, investigadora do proxecto RURALtXA! pola Universidade da Coruña, quen expuxo os aspectos ecolóxicos e os requirimentos en manexo e infraestruturas dos cabalos salvaxes; Manuel Jiménez Vicente, xefe da Área de Gandaría da Xunta de Galicia, tratou as esixencias administrativas en materia de rexistro e identificación dos équidos; José María Ramírez, de Ixorigue, presentou ferramentas tecnolóxicas para o seguimento das bestas e do gando; Alejandro Vázquez Moliní, do Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA), abordou as oportunidades de financiamento no marco da PAC; e Ovidio Queiruga González, presidente da CM de Baroña, relatóu a experiencia da Comunidade de Montes comezando a xestionar os cabalos dende a CM no 2006.
Esta xornada puxo de manifesto o interese dos axentes, xestores do territorio, polo mantemento e restauración da herbivoría dos équidos salvaxes galegos, así como a imprtancia e coñecer con detalle os trámites e obrigas a seguir.