Publicados os resultados da Acción A6.3. sobre gandería extensiva e agricultura de carbono

20.02.2025

Xa están dispoñibles os resultados da acción A6.3, que inclúen dous estudos enfocados na sustentabilidade do sector gandeiro:  

🔹 Análise do Ciclo de Vida da gandería extensiva asociada á conservación de hábitats naturais.  

O informe analiza a pegada de carbono e o impacto sobre a biodiversidade de distintos sistemas de produción de carne de vacún, carne de poldro e queixo puro de ovella en Galicia e Euskadi. Compáranse sistemas extensivos, que favorecen a conservación de hábitats naturais, con sistemas intensivos, empregando ferramentas de Análises de Ciclo de Vida (ACV).  

Os resultados mostran que a gandería extensiva asociada ao pastoreo en hábitats naturais resulta nunha menor pegada de carbono cando se contabiliza o impacto que un manexo sostible ten en servizos ecosistémicos como o secuestro de carbono dos solos, o que resalta a importancia de avaliar axeitadamente as perdas e ganancias de carbono dos solos nos estudos de impacto ambiental de produtos gandeiros.  

Os indicadores de biodiversidade reflicten que os sistemas extensivos non contribúen á perda de biodiversidade, ao ter unha mínima dependencia de insumos externos provenientes de fóra das granxas, como forraxes e pensos, cuxa produción se identificou como a principal causa de perda de biodiversidade asociada á produción gandeira.  

Un manexo gandeiro en extensivo sostible non só non é prexudicial para estes hábitats, senón que a súa persistencia é un factor crave para a súa conservación, favorecendo aspectos como a retención do carbono e a preservación da paisaxe.  

🔹 Guía RURALtXA para a incorporación de produtores á agricultura de carbono.  

Esta guía inclúe unha síntese de conceptos clave, prácticas admitidas e oportunidades de financiamiento da agricultura de carbono para os produtores da contorna RURALtXA!, e en xeral, aplicable ao sector gandeiro que opera en extensivo.  

Estes estudos foron desenvoltos pola Universidade de Santiago de Compostela, en colaboración coa Universidade da Coruña e a Fundación HAZI.  

Os documentos están dispoñibles no apartado de publicacións:

Análisis del Ciclo De Vida de la ganadería extensiva asociada a la conservación de hábitats naturales

Guía para la incorporación de RURALtXA! a la iniciativa de Agricultura de Carbono de la UE