25.06.2025
RURALtXA! participou no impulsou deste encontro entre persoas produtoras do Parque Natural de Gorbeia e axentes turísticos, restauradores/as e puntos de venda para crear alianzas que apoien o consumo destes produtos.
O evento, organizado polas Asociacións de desenvolvemento Rural da comarca de Gorbeia, contou coa emprendedora/humorista Txaro Mardaratz Nájera para mostrar como facer a promoción turística e comercialización dos produtos de forma sostible e en equilibrio coa contorna. No encontro realizouse tamén unha degustación de pintxos elaborados con produtos de Gorbeia.
Espérase que esta iniciativa sexa o pistoletazo de saída dunha colaboración estreita entre diferentes axentes e produtores/as, que poidan asociarse á marca Gorbeia, e que se irá definindo coa colaboración de RURALtXA! ao longo do outono.