12.09.2024
O 7 de setembro celebrouse a festa do pastoreo en Kobata. Persoal técnico de HAZI explicou nese foro as actuacións de restauración levadas a cabo co proxecto RURALtXA! ás numerosas persoas, veciñas dos pobos da contorna e gandeiras, que subiron á serra, ao mesmo tempo que se repartiu merchandisig do proxecto para promocionalo.
A Deputada de Agricultura de Alava, Noemi Agirre, a presidenta das Xuntas Xerais de Alava, Irma Basterra, e o Director de Desenvolvemento Rural do Gobierno Vasco, Joseba Terreros, tamén se mostraron moi interesados nos obxectivos e actuacións do proxecto. Este ano, a homenaxe que se realiza na feira foi para o novo pastor Ruben Agirre, unha esperanza para a continuidade do pastoreo de ovino na serra, hoxe en declive.