Inauguración da exposición fotográfica RURALtXA! en Respaldiza

14.05.2024

Mañá, 15 de maio, coincidindo cá celebración de San Isidro, inaugúrase na localidade alavesa de Respaldiza, en Aiara, a exposición fotográfica de RURALtXA! Con ela, darase a coñecer o proxecto e os seus principais obxectivos relacionados cos beneficios que o uso gandeiro tradicional dos pastos comunais de montaña reportan tanto ó medio ambiente, como ás propias gandarías e á sociedade rural. Tamén se  amosará á cidadanía de que maneira pode contribuír para acadar ditos obxectivos. Todo isto a partires de 48 fotografías que amosan a biodiversidade ecosistémica e gandeira, os produtos derivados desta actividade e describen as principais acciones previstas en RURALtXA! 

A inauguración desta exposición celébrase no marco da feira gandeira de San Isidro, un importante referente para profesionais do sector (inclúe un concurso de vaca de raza pirenaica) e habitantes da zona. Exhibirase no Centro Social de Respaldiza, onde ó longo da mañá poderase conversar co persoal ténico do proxecto e participar en actividades paralelas, como talleres, cata de queixo, et. (Ver cartel da feira.) 

A partires do 1 de xuño, a exposición fotográfica de RURALtXA! percorrerá os Parketxes dos espazos protexidos de Anduetza (do 01/06 ó 14/07), en Lizarrusti (do 20/07 ó 01/09) e en Arantzasu (do 07/09 ó 03/11). O próximo ano pasará ós Parketxes de Gorbeia e a outras ubicacións aínda sen definir.