05.08.2024
O pasado martes 30 de xullo acompañamos a un grupo de expertos do Norte de Portugal, concretamente investigadores del Polytechnic Institute of Viana do Castelo, técnicos do Municipio de Melgaço e representantes da Federação Nacional das Associações das raças autóctones, interesados nos traballos que estamos desenvolvendo no marco do proxecto RURALtXA!
Con eles visitamos varios dos Montes Veciñais en Man Común que están a colaborar co proxecto, iniciando o percorrido no MVMC de Montouto e no MVMC da Balsa, onde puidemos coñecer as actuacións de conservación relacionadas coa mellora do Estado de Conservación dos hábitats e coñecemos unha área de especial interese de turbeiras de cobertor (7130*).
Pola tarde viaxamos ao MVMC de Labrada onde puideron empregar os conxuntos de indicadores para a avaliación do Estado de Conservación dos queirogais húmidos (4020*) e de turbeiras altas (7110*) in situ, dado o seu interese en implementar un Sistema similar nas súas áreas de traballo do país veciño.