02.10.2024
RURALtXA! asiste á Feira do Mel e das Noces – San Cosme e San Damián co stand do proxecto, o 27 de setembro, en Baiona.
Esta feira posúe unha longa tradición na comarca e reúne apicultores da zona que se achegan a vender os seus produtos, así como postos de artesanía, entre outros.
Laura Lagos e Jose Ángel Penín, técnicos do proxecto na UDC, acudiron á xornada festiva co propósito de dar a coñecer a estratexia de RURALtXA!, así como os beneficios que xera o sistema tradicional de cabalos salvaxes sobre os hábitats da Serra da Groba. Faise un especial fincapé nas Comunidades de Montes participantes no proxecto de O Baixo Miño, dando a coñecer a súa vontade e labor para a conservación dos hábitats, obxecto de RURALtXA!
No stand repártense os folletos e merchandising do proxecto, informando ás persoas interesadas que se achegaban.