24.02.2025
Despois da experiencia que levamos adquirindo desnde hai anos na transformación de antigas plantacións de cipreses en hábitats herbáceos, este ano RURALtXA! levará a cabo traballos nunha nova parcela con ese obxectivo.
Trátase dunha zona de 4,4 ha de altitude media en Otsobaso, contigua a outras parcelas xa restauradas, na que se ampliará a superficie de pasto, reducirase a presión sobre as abundantes turbeiras e zonas húmidas próximas e conectarase dúas zonas de pastoreo. Técnicos da Deputación Foral de Bizkaia e de RURALtXA! visitaron a zona para planificar a actuación.