RURALtXA!, nunha Webinar sobre Bioeconomía Forestal

26.03.2025

HAZI presentou RURALtXA! no Webinar online sobre Bioeconomía Forestal enfocada na gandaría extensiva (xoves 06 de marzo).

O evento formou parte dun ciclo de conversas ó redor do proxecto “Innovación Agroforestal en la Sierra de Codés (Navarra)” impulsado dende Tejiendo Caminos coa colaboración de BIKOnsulting e Rural Citizen.

Nestes espazos online búscase un achegamento ao contexto actual dende diferentes vertentes, para aportar unha visión máis ampla respecto ao uso que se lle poida dar á biomasa forestal da Serra de Codés (17 concellos). Para isto, convidouse a RURALTXA! como iniciativa para compartir a súa experiencia e coñecementos, descubrindo exemplos de boas prácticas que serven de inspiración, vendo de que maneira pode xerarse impacto positivo na comunidade, así como aspectos importantes que hai que ter en conta para poder levalas a cabo nos concellos navarros da Serra de Codés.

Ó longo do webinar presentouse o proxecto RURALtXA! e xerouse un espazo de intercambio de aprendizaxes e experiencias.

Podedes ver o relatorio aquí.