O proxecto RURALtXA! avanza en Galicia coas reunións iniciáis coas Comunidades de Montes

24.03.2023

Ao longo destes meses completáronse as reunións iniciais coas Comunidades de Montes que participan en RURALtXA!. Persoal técnico da UDC e da USC reuniuse con máis de 50 representantes para presentar o proxecto.

Entre estas reunións, o pasado 24 de marzo presentouse o proxecto na Casa do Concello de Abadín a un total de 20 representantes das Comunidades de Montes Veciñais en Man Común (CMVMC) da Serra do Xistral que anteriormente participaran no proxecto LIFE in Common Land. O encontro serviu para que os comuneiros trasladasen as súas principais preocupacións así como a súa visión sobre os problemas que sofre a Serra do Xistral e sobre os que o proxecto RURALtXA! tentará actuar para mellorar a calidade de vida dos gandeiros de cuxa actividade depende a conservación dos hábitats de brezales húmidos e turberas.