11.11.2025
O pasado sábado 8 de novembro, o noso compañeiro da Universidade de Santiago de Compostela e técnico de RURALtXA! César A. Blanco Arias participou nas Xornadas de Posta en Valor da Reserva da Biosfera Terras do Miño, organizadas na Casa da Cultura do Concello de Begonte, na provincia de Lugo e moi preto da ZEC Serra do Xistral. César tivo a oportunidade de presentar os principais resultados do proxecto RURALtXA! destacando as últimas actuacións executadas de mellora e restauración de hábitats e as principais liñas de traballo de posta en valor dos produtos e as actividades tradicionais a través da marca Saberes do Monte e das Experiencias Piloto que vimos organizando este ano.
Ao acto asistiron unhas 30 persoas e durante a pausa para o café, o noso compañeiro César puido charlar coa Conselleira de Medio Rural da Xunta de Galicia e entregarlle documentación do proxecto.