31.01.2025
O luns, 27 de xaneiro, ten lugar a xornada de Presentación da Estratexia de Promoción e Comercialización de RURALtXA! na Cidade da Cultura, en Santiago de Compostela. Esta xornada é organizada pola UDC e a USC, en colaboración coa Fundación Juana de Vega. Conta ademais coa participación da Área de Medio Rural, Mar e Mocidade da Deputación de Lugo e co apoio do Centro de Investigación Interuniversitario das Paisaxes Atlánticas Culturais (CISPAC). Nela preséntase o plan de promoción, o nome e o logotipo da marca conxunta que se vai crear, así como as accións piloto de promoción que se van a por en marcha neste ano, no marco do proxecto RURALtXA!
Jaime Fagúndez, coordinador do proxecto, e Ramón A. Díaz, coordinador técnico do proxecto, dan a benvida ás persoas asistentes, presentando e encadrando a xornada. Seguidamente, Loli Martínez e José Manuel Suárez presentan a Estratexia de Promoción e Comercialización e a Marca do proxecto RURALtXA!, a cal se desvelará próximamente.
Deseguido interveñen diferentes axentes, como Lucas Requejo, líder da iniciativa PRATO_DO e de A Mariña Lab, Carlos Rodríguez, asesor da Área de Medio Rural, Mar e Xuventude na Deputación de Lugo, e Marcos López e Ana Mª Varela, de ASGAFON, xestores da plataforma SondeLugo, para explorar posibles colaboracións de RURALtXA! no territorio. A continuación trátase a importancia do asociacionismo con Xose Luís Reza, de iuni strategic marketers.
Aquí plantéxaselles ás persoas asistentes da Rede de Traballo a constitución dunha asociación que dea soporte á marca de produtos e servizos de RURALtXA!, da man das entidades que configuran o proxecto en Galicia, xunto á Fundación Juana de Vega. Acto seguido ten lugar unha dinámica participativa, liderada por Francisco García e Beatriz Suárez, da Fundación Juana de Vega, co obxectivo de construír propostas colectivas en torno a 4 obxectivos, tales que acadar o recoñecemento no mercado da marca desenrolada no proxecto, acceder a novos mercados, idear obradoiros e infraestruturas compartidas, así como acceder á capacitación. Para iso, as persoas asistentes suxiren os pasos a seguir, os recursos a empregar e as colaboracións a ter en conta en cada un destes 4 obxectivos.
Seguidamente César A. Blanco expón os próximos pasos a seguir para a configuración da asociación e das experiencias piloto a desenrolar no marco do proxecto. Finalmente Jaime Fagúndez despide a xornada, agradecendo a participación activa das persoas asistentes e pondo de manifesto o compromiso que reside no equipo do proxecto por impulsar á bioeconomía das áreas do proxecto en Galicia, a través da marca e da asociación de persoas produtoras de RURALtXA!