30.12.2025
T
Tras máis de tres anos de traballo continuado, o proxecto RURALtXA! chega ao seu fin consolidándose como unha iniciativa de éxito no impulso dos usos tradicionais do monte como solución para conservar hábitats de interese en Galicia e Euskadi. Ao longo da súa execución, o proxecto xerou un impacto positivo e medible en ambos territorios, cumprindo os obxectivos marcados desde o seu inicio.
Como peche do proxecto, publícase un resumo en cifras que recolle de maneira clara e visual os principais resultados acadados. Este documento permite coñecer o alcance real da iniciativa, poñendo en valor indicadores como o número de persoas participantes, as hectáreas restauradas grazas ás accións desenvolvidas, os territorios implicados, as persoas impactadas coas accións de divulgación e os logros conseguidos durante o período de execución.
O balance final confirma que RURALtXA! contribuíu de maneira significativa á dinamización do medio rural, sentando ademais as bases para futuras iniciativas que continúen traballando nesta liña. Os resultados obtidos reforzan a importancia de apostar por proxectos de cooperación e desenvolvemento territorial como ferramenta clave para o futuro das zonas rurais.
principais resultados acadados en cifras