04.03.2025
O mércores, 26 de febreiro, celebrouse o encontro dos proxectos galegos de Bioeconomía seleccionados pola Fundación Biodiversidad, no Centro Cultural Vicente Vidal de Leiro, en Rianxo.
A xornada servíu para establecer sinerxías cos proxectos que traballan polo “mundo do común”, co obxectivo de fortalecer e recuperar esta realidade: conservar e restaurar a natureza e fomentar unha bioeoconomía asociada a estas actividades.
Neste encontro presentáronse os proxectos: Laboratorio Ecosocial do Barbanza , o cal promove a sustentabilidade medioambiental e a resiliencia na xestión territorial dos montes do Barbanza; CAPRIF-CC, que busca fortalecer as capacidades das comunidades rurais a través da formación, sensibilización e accións piloto innovadoras; Servicios Ecosistémicos Montes Periurbanos de Vigo, o cal traballa pola harmonización do uso social e o aproveitamento económico dos montes; e RURALtXA! pondo de manifesto o impulso das actividades tradicionais para a conservación da biodiversidade, como motor de desenrolo da bioeconomía.
A xornada incluíu unha saída de campo para coñecer algunhas das accións do Laboratorio Ecosocial do Barbanza, onde se compartiron experiencias e boas prácticas.