21.06.2024
No marco da presentación dos Plans de Manexo e os Acordos de Custodia ás Comunidades de Montes, participantes no proxecto, RURALtXA! está repartindo merchandising do proxecto aos participantes.
Este acto forma parte da “Acción A0-Comunicación e Divulgación”, mediante a cal preténdese sensibilizar á poboación de territorios rurais, e de ambientes máis urbanos, sobre a importancia de manter as actividades tradicionais sostibles, ligadas á conservación dos Hábitats de Interese Comunitario, obxecto do proxecto.
Cos materiais repartidos de RURALtXA! búscase xerar un sentimento de unidade e colaboración entre os stakeholders, creando unha entidade visual unificada, reforzando o sentido de pertenza á futura rede de traballo de RURALtXA!
Se queres coñecer o díptico do proxecto, podes facelo picando aquí.