RURALtXA! no primeiro simposio sobre a Serra dá Groba e Argallo

08.07.2023

O primeiro simposio sobre a Serra dá Groba e Argallo celebrado o 8 de xullo en Oia (Pontevedra) contou entre os seus relatores cos técnicos de RURAltXA! Laura Lagos (Universidade da Coruña) e César Blanco (Universidade de Santiago de Compostela) convidados pola Plataforma Turonio.

Ao redor de 90 persoas reuníronse na Casa Forestal de Oia nun simposio no que, ademais dos representantes do proxecto RURALtXA!, relatores da Universidade de Vigo, ANABAM e o Instituto de Estudos Miñoráns fixeron un recorrido polos valores naturais, culturais, etnográficos e arqueolóxicos da Serra dá Groba e Argallo que motivaría a súa protección.

Dende RURALtXA! mostramos os distintos hábitats de interese comunitario que están presentes na Serra dá Groba e que son obxecto do proxecto, como queirogáis húmidos, queirogais secos, turbeiras altas activas e turbeiras de transición, dando as claves para recoñecer estes hábitats e entender a súa importancia e os servizos ecosistémicos que proporcionan. Tamén se profundou no especial valor dos cabalos salvaxes da Groba, como équido nativo cunha presenza ancestral en Galicia e o valor cultural e etnográfico do seu sistema de manexo que ten a súa máxima expresión nos “curros”.