RURALtXA!, no congreso de SIBECOL e no da Asociación Española de Ecología Terrestre

15.07.2025

RURALtXA! no III congreso da Sociedad Ibérica de Ecología (SIBECOL) e XVII Congreso Nacional da Asociación Española de Ecología Terrestre (AEET), celebrado en Pontevedra entre o 2 e o 6 de xuño. 

Jaime Fagúndez e Laura Lagos asistiron ao congreso representando a RURALtXA!, cunha comunicación en formato poster titulada “A dimensión educativa na conservación de hábitats en comunidades de montes: o caso do proxecto RURALtXA!”. O traballo realizado aborda os aspectos educativos das accións e actividades realizadas no marco do proxecto en Galicia, e presentouse na Sesión Temática TSA-1: “Ecoloxía na educación: a alfabetización ecolóxica como ferramenta para afrontar o cambio global” 

Más de 900 profesionais da Ciencia Ecolóxica procedentes de máis de 100 institucións de 20 países diferentes estiveron presentes neste congreso. 

Web do congreso: https://sibecol-aeet-meeting2025.org/ 

Ver o poster presentado