RURALtXA! volve á feira BioCultura na Coruña

12.03.2025

O pasado domingo 9 de marzo, César A. Blanco Arias, técnico da Universidade de Santiago de Compostela, estivo a presentar o proxecto RURALtXA! no stand da Deputación de Lugo presente na feira BIOCULTURA, na Coruña.  

Tras o gran éxito obtido durante BioCultura 2024 (ver vídeo), RURALtXA! tivo a oportunidade de explicar cales foron as súas orixes en Galicia, dando continuidade ao proxecto LIFE in Common Land e ampliando os seus éxitos a outras áreas piloto en Galicia e a outros propietarios e produtores da Serra do Xistral. 

Ademais de repartir folletos do proxecto e dar toda a información pertinente ás persoas que se achegaron á caseta, tamén houbo oportunidade para mostrar os vídeos do proxecto e para realizar unha detallada presentación oral na que resaltar os avances conseguidos neste último ano, dando a coñecer os valores dos hábitats de interese comunitario de queirogais e turbeiras que se busca conservar en Galicia e poñendo en valor os beneficios que as actividades agrogandeiras e o sistema tradicional de cabalos salvaxes supoñen para estes hábitats. 

BioCultura é unha das citas máis importantes a nivel nacional en canto a produtos ecolóxicos e ecoturismo e reuniu a máis de 150 expositores e un nutrido público na Coruña entre os días 7 ao 9 de marzo.