13.08.2025
Durante o mes de agosto estamos a realizar un seguimento para valorar os resultados das actuacións de restauración de hábitats acometidas en Euskadi. Estas comprobacións fanse mediante voos de dron, que permiten detectar os cambios no volume e distribución das matogueiras, e tamén mediante medicións de campo.
Concretamente, no seguimento das zonas restauradas mediante queimas prescritas de Altzania e Aralar axúdanos o experto botánico Vicente Ferrer. Todo o aprendido nesta valoración, serviranos á hora de promover novas prácticas noutros lugares.