Seminario intermedio online del proyecto el 27 de noviembre

31.10.2024

O próximo 27 de novembro celebraremos o primeiro Seminario en liña do proxecto RURALtXA!  

Neste seminario presentaremos RURALtXA! e os avances destes dous primeiros anos. Será unha oportunidade para coñecer mellor as áreas piloto en Euskadi e Galicia, o seu contexto natural e socioeconómico, así como as accións concretas que estamos a levar a cabo dende o proxecto. 

Ademais, a partir desta xornada crearemos dous grupos de traballo dos que terás opción de formar parte e contribuír coa túa experiencia para alcanzar os obxectivos de RURALtXA! Un dos grupos estará dedicado a “bioeconomía e análises de beneficios”, ao redor de produtos e servizos derivados de actividades que contribúen á conservación da biodiversidade na montaña, como a gandería extensiva, a apicultura, o ecoturismo. O outro a “conservación e restauración de hábitats pascícolas de montaña, queirogais e turbeiras”. O traballo centrarase no debate de temas de interese relacionados que deseñaremos entre todos e neste seminario presentaremos en maior detalle as liñas de traballo de cada grupo. 

Se desexas participar no seminario, podes inscribirche enchendo este formulario.   

Ver o programa