Sinerxias co ecoturismo en Espazos Protexidos

04.10.2024

O proxecto RURALtXA! foi presentado pola Deputación de Álava na xornada do “Sistema de Recoñecemento da sustentabilidade do turismo de natureza da Rede Natura 2000”  que tivo lugar en Vitoria-Gasteiz o 26 de setembro.

O evento estivo dirixido a empresas que ofrecen servizos de aloxamento e actividades de ecoturismo nos parques naturais de Gorbeia, Izki e Valderejo, así como ás Cuadrillas e Asociacións de Desenvolvemento Rural destas zonas.

RURALtXA! pretende incluír a a eses axentes nos grupos de traballo do proxecto co obxectivo de que o turismo de natureza inclúa na súa oferta e actividades o discurso da conservación dos habitats pascicolas de natura 2000 e da necesidade de manter unha gandería extensiva sostible.  Tamén a posibilidade de traballar directamente con persoas produtoras e gandeiras dentro da súa oferta de experiencias turísticas.