13.06.2025
Os días 7 e 8 de xuño tivo lugar a primeira edición da Fin de semana Gastronómica Saberes do Monte e o primeiro Roteiro de Saber pola Serra do Xistral. Ámbalas dúas actividades forman parte das accións de promoción da mrca Saberes do Monte, desenvolvidas na Estratexia de Promoción e Comercialización de RURALtXA!. O obxectivo é diferenciar e conseguir un mellor posicionamento no mercado dos produtos derivados das actividades tradicionais que son clave na conservación destes hábitats de queirogais e turbeiras, como son a gandería extensiva de vacún, o sistema tradicional de cabalos salvaxes, a apicultura ou as experiencias ecoturísticas.
Durante toda a fin de semana, degustáronse tapas e pratos elaborados con produtos de Saberes do Monte na experiencia Fin de semana Gastronómica: carne de tenreira do produtor José Hermida, da Comunidade de Montes Veciñal en Man Común de Miñotos e carne de poldro e mel dos produtores e irmáns Javier e Raquel Vázquez Picos, de Mel Vituco. Estes foron os restaurantes participantes:
LA mañá do domingo, na experiencia Roteiro do Saber, gozamos dun percorrido guiado entre os mosaicos de turbeiras e queirogais da Comunidade de Montes de Miñotos. Da man dos guías locais Ana Pena, de Guía tu día, e Boris Vilar, de Rutas Galicia Norte, puidemos aprender sobre os hábitats que fan tan especial esta serra e a súa rica biodiversidade, o seu amplo patrimonio cultural e histórico, e a relación durante séculos do ser humano coa contorna que lle rodea en actividades como a gandería extensiva ou o manexo do cabalo salvaxe. A experiencia ecoturística contou ademais coa participación do apicultor Javier Vázquez, de Mel Vituco, e do gandeiro José Hermida, quen, co seu coñecemento tradicional na xestión de animais e do territorio, engadiron un valor diferencial á experiencia.
Queremos expresar o noso agradecemento a todas as persoas que se achegaron a coñecer máis sobre Saberes do Monte e que participaron na Fin de semana Gastronómica e/o no Roteiro do Saber, cunha mención especial aos produtores, guías e cociñeiros locais que o fixeron posible.