Curso sobre Xestión Comunal de greas de cabalos salvaxes para conservación

08.04.2025

ESTE CURSO FOI POSPOSTO PARA O 12 DE MAIO, POR MOR DO APAGÓN DO 28 DE ABRIL 

Asistencia libre, previa inscripción no formulario que figura a continuación. A data límite de inscrición é o 9 de maio. El número de prazas está limitado a 30. Aberto tamén a Comunidades de Montes que no pertenzan a RURALtXA!

Formulario.

CURSO SOBRE XESTIÓN COMUNAL DE GREAS DE CABALOS SALVAXES PARA CONSERVACIÓN “As bestas que coidan o monte: xestión comunal das greas para a conservación”. Esta xornada formativa organizada por RURALtXA! terá lugar o luns 28 de abril de 16:00 a 18:30 na Sala de seminarios 103 do Edificio Fontán, na Cidade da Cultura, en Santiago de Compostela.

Cómo chegar. 

Ver cartel.

Está pensada para formar ás comunidades de montes sobre as vantaxes, requirimentos e procesos a seguir para conformar greas comunais de bestas/cabalos salvaxes para manter o monte e conservar os hábitats, así como o manexo a realizar. Está pensada para Comunidades de Montes tanto de RURALtXA! como de outras zonas de Galicia que demandan máis información sobre este tema.   

Programa completo: 

  1.  Aspectos ecolóxicos. Laura Lagos Abarzuza (CISPAC, UDC) 
  2. Trámites administrativos. Manuel Jiménez Vicente (Xunta de Galicia) 
  3. Requirimentos en manexo e infraestruturas. Laura Lagos Abarzuza (CISPAC, UDC) 
  4. Ferramentas Tecnolóxicas. José María Ramírez (Ixorigue) 
  5. Oportunidades de financiación. Alejandro Vázquez Moliní (FOGGA) 
  6. Experiencias previas en Comunidades de Montes. Ovidio Queiruga González (CM de Baroña)