Gando vacún e equinoA gandería de vacún de carne é unha actividade predominante nestes espazos de montaña e en alza en anos recentes. O manexo actual inclúe o aproveitamento dos pastos naturais do monte, xeralmente en combinación con outros pastos de menor valor para a conservación. Os sistemas de manexo cambiaron nestes últimos anos, pero aínda se mantén o uso dos pastos do monte nalgún momento do seu ciclo anual. As razas máis empregadas en Galicia son a rubia galega e os seus cruzamentos, mentres que en Euskadi destaca a raza pirenaica. Nalgúns montes empréganse razas autóctonas protexidas como a cachena, a vianesa, a terreña, ou a betizu caracterizadas pola súa gran rusticidade.A carne de tenreira é moi valorada no mercado, pero non existe un sistema que poña en valor a produción con sistemas de manexo sostibles e que contribúan de forma positiva á conservación de hábitats. En Euskadi existe a etiqueta de procedencia “Euskal okela”.No norte de Galicia, nas áreas piloto da serra do Xistral, monte Maior e a serra da Faladoira, o sistema de explotación gandeira tradicional consiste na combinación de gando vacún extensivo de carne, que achega o beneficio económico, e cabalos en liberdade cun manexo tradicional, que achegan o beneficio indirecto facendo máis “pacibles” os queirogais e turbeiras.Nas montañas de Euskadi son frecuentes os rabaños de equino de carne, xeralmente da raza autóctona “cabalo de monte do País Vasco”.
Gando ovino e caprinoEn Euskadi, nas serras do ámbito do proxecto RURALtXA!, existe a tradición secular de pastoreo con gando menor, sobre todo ovellas da raza Latxa, especie moi especializada na produción de leite para facer queixo (DO Idiazabal). Antano, o pastor permanecía co seu rabaño nas bordas de montaña durante os meses de verán, muxindo e elaborando queixo. Esta tradición practicamente desapareceu, salvo nalgunhas cabanas das serras de Aralar e Aizkorri onde se están a facer actualmente importantes investimentos para manter a elaboración de queixo de montaña e a súa promoción mediante a etiqueta “Mendiko Gazta”.O máis habitual na actualidade é que os rabaños de ovellas suban as serras unha vez rematada a muxidura, nos meses de xuño-xullo e prorroguen a súa estadía ata outubro. Isto permite menor necesidade de manexo nos rabaños, aínda que esta falta de dirección por parte dos pastores pode repercutir nunha deterioración dos hábitats pascícolas. Ademais, a presenza esporádica do lobo desde anos recentes nalgunhas serras, como serra Salvada, Arkamo-Gibijo ou Gorbeia, está contribúe a un progresivo descenso da cabana de gando menor nestes montes.
Aproveitamento tradicional con bestasLas áreas piloto de Galicia, en concreto la Serra do Xistral y la Serra da Groba se caracteriza por la presencia de caballos salvajes, conocidos comúnmente con el nombre de “bestas”. La continuidad del aprovechamiento tradicional de estos animales favorece la conservación de los hábitats y, a la vez, la preservación de una población de caballos endémica del noroeste peninsular. Entre los servicios ecosistémicos que proporcionan se pueden citar la reducción de la biomasa forestal, la conservación de hábitats prioritarios como los brezales húmedos atlánticos, y su efecto mejorando el pasto para el ganado vacuno. Además, cabe destacar el valor cultural y etnográfico de este sistema tradicional de manejo, lo que en Galicia se denomina “curro” o “rapa das bestas”, así como el potencial para desarrollar actividades de ecoturismo.Los productos obtenidos de estos animales hoy en día consisten en la venta de potros mayoritariamente para carne. En el pasado el producto principal eran las crines que se obtenían en la famosa “Rapa das Bestas” para fabricar colchones, rellenos de butacas, etc. así como animales que una vez domados eran utilizados para trabajo en las explotaciones, carga o transporte.Hay que citar la correspondencia de estos animales con la raza Pottoka de Euskadi, de similares cualidades y rusticidad, si bien su presencia no es muy habitual en los montes del ámbito RURALtXA!.
ApiculturaNada como o mel para concentrar nun tarro todas as cores, matices e olores da paisaxe. Nada como o mel para reunir conservación de hábitats e uso sostible dos recursos naturais. Aínda que é unha actividade minoritaria nas áreas piloto, o mel de queiroga é un produto moi valorado e con enorme potencial motor para a bioeconomía.
Outras actividadesDe carácter minoritari, o cultivo de plantas medicinais, o aproveitamento madeireiro de bidueiro para leña para a fabricación do queixo de San Simón na serra do Xistral (Galicia), e outras, complementan esta rede de actividades enraizadas nun profundo coñecemento local dun medio natural hostil que lles ensinou ás xentes do lugar como sobreviviren e que RURALtXA! pretende converter nunha vantaxe competitiva.