Obxectivos

Obxectivos principal

O noso obxectivo principal é impulsar as actividades tradicionais de montaña vinculadas á conservación de hábitats como motor de desenvolvemento da bioeconomía do medio rural.

Obxectivos específicos

  1. Mellorar a competitividade de produtores e a viabilidade de explotacións que desenvolvan de forma sostible a súa actividade sobre hábitats de interese comunitario.

  2. Pór en valor as actividades gandeiras necesarias para a conservación dos hábitats e da paisaxe e os produtos derivados destas.

  3. Mellorar as capacidades locais/rexionais para o desenvolvemento dun ecoturismo baseado na biodiversidade e nas actividades tradicionais.

  4. Lograr o compromiso de persoas propietarias/produtoras cunha xestión sostible baseada no bo estado de conservación dos hábitats de interese comunitario.

  5. Fomentar unha gandería extensiva sostible e con razas rústicas como actividade produtiva compatible coa conservación de hábitats.

  6. Fomentar o pastoreo extensivo de montaña como actividade tradicional e solución baseada na natureza para conservar hábitats, mellorar pasto e reducir o risco de incendios (mitigando o cambio climático).

  7. Mellorar o estado de conservación de hábitats de interese comunitario vinculados á xestión gandeira en extensivo.

  8. Aumentar a resiliencia dos hábitats e a súa capacidade de provisión de servizos ecosistémicos mediante solucións baseadas na natureza e un manexo gandeiro adaptativo que mitigue os efectos do cambio climático.

  9. Sensibilizar sobre a importancia das actividades tradicionais ligadas á conservación dos hábitats de interese comunitario, así como sobre os servizos ecosistémicos producidos por estes sistemas