O sal, unha lambonada que atrae ao gando ás zonas infrautilizadas

09.07.2024

Combinando actuacións de queima prescrita, roza de fento e colocación de puntos de sal, esperamos que a recuperación dos queirogais acidófilos sexa posible nas zonas de Garagarza e Beunde, dentro da Parzonería de Gipuzkoa e Araba (Parque Natural de Aizkorri-Aratz). 

Estas zonas anteriormente eran unha toxeira intransitable para o gando e agora, tras as actuacións de mellora, xunto cunha primaveira favorable, as especies herbáceas están a agromar con forza, aínda que tamén está a facelo o fento.

Para reforzar o control dos rebrotes de matogueira, é necesario asegurar a existencia dunha carga gandeira suficiente na zona, monitorizada con colares GPS. O uso de saleiras móbiles nalgúns montes de Gipuzkoa afiánzase como un gran apoio para acadar ese obxectivo.