Cabras vs Roza

21.03.2024

Durante anos as normas de montes foron moi restritivas no que respecta ao pastoreo de caprino en Montes de Utilidade Pública. A xustificación era o potencial dano nas repoboacións forestais ou na flora ameazada de roquedos. Nembargantes, nunha época na que a gandería extensiva de gando menor está en franco declive e o proceso de conversión a mato dos hábitats estase acelerado, dende o proxecto RURALtXA! desexamos promover o pastoreo de cabras, iso sí, de forma manexada e vixiada. Para elo estase testando ocomportamento destes animais no monte comunal de Oketa (Gorbeia) controlados mediante colares GPS con peche virtual. Esta nova tecnoloxía permite limitar o movemento do rabaño, centrándoo na zona de mellora do hábitat que desexamos, cunha densidade e durante un período determinado. Canta biomasa arbustiva consume unha cabra nestas condicións? de que especies? que efecto terá sobre o queirogal-toxal? Son algunhas das preguntas para as que agardamos ter resposta, grazas a un seguemento da evolución do hábitat, con mostraxes de campo e con drons.

O uso de colares de peche virtual estase a estender entre o sector gandeiro, aínda que todavía é moi raro o seu uso en montes comunais, sendo o seu prezo unha limitación. Con esta experiencia, ademais, RURALtXA! quere mostrar que o pastoreo caprino pode chegar a ser un instrumento de xestión para o control do desenvolvemento da matogueira, o que levaría consigo un considerable aforro en rozas, para conservación dos hábitats de interese e para prevención de incendios, que se realizan actualmente de forma periódica.