17.06.2024
Na Acción 1.3 de RURALtXA! realizouse unha caracterización socioeconómica e do marco legal e administrativo das actividades tradicionais asociadas ós hábitats nas áreas de interese de RURALtXA!. O traballo principal consistíu na realización de entrevistas semiestruturadas a persoas comuneiras, entre as que se atopan gandeiras, pastoras, apicultoras e as propietarias de cabalos salvaxes, entre outras. Mediante estas entrevistas describíronse as actividades, os sistemas de manexo, os produtos obtidos e identificáronse incentivos e condicionantes.
En Galicia, o proxecto traballa con sistemas gandeiros extensivos que aproveitan, de forma sostible, hábitats de interese comunitario (queirogais e turbeiras) unha parte importante do seu ciclo anual, e específicamente co manexo tradicional dos cabalos salvaxes.
Recollemos aquí algunhas das conclusións:
Se queres coñecer máis sobre estas actividades, os seus condicionantes e o seu potencial nas áreas onde desenrolamos o noso proxecto (ZEC Serra do Xistral, ZEC Monte Maior, Serra da Faladoira e Serra da Groba), podes consultar o informe en este enlace.