23.05.2024
Ao longo de todo o mes de maio USC e UDC están a manter reunións cos propietarios dos montes de Galicia participantes en RURALtXA! para presentar os Plans de Manexo baseados en Resultados de Conservación.
Redactouse un Plan de Manexo para cada área piloto de Galicia (Serra do Xistral, Monte Maior, Serra da Faladoira e Serra da Groba). Este documento recolle toda a información necesaria para poder realizar unha xestión do monte que teña en conta a conservación destes valiosos e sensibles hábitats como son os queirogais húmidos, queirogais secos, turbeiras de cobertor e turbeiras altas, xa que contén:
Nas 13 reunións celebradas ata a data presentouse o Plan de manexo a 75 persoas, coas cales, ademais, debatéronse outros temas como a futura Rede de Traballo de RURALtXA! que se poñerá en marcha nas próximas semanas.
Se queres saber máis sobre os Plans de Manexo, podes consultalos aquí.